Illa Ukerewe
Ukerewe | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa do lago Victoria, coa illa Ukerewe no sur | |
Situación | |
País | Tanzania |
Mar | Lago Vitoria |
Coordenadas | 2°3′S 33°1′O / -2.050, -33.017Coordenadas: 2°3′S 33°1′O / -2.050, -33.017 |
Xeografía | |
Superficie | 530 km km² |
Longura máxima | 47 km. |
Largura máxima | 21 km. |
Demografía | |
Capital | Nansio |
Poboación | 345.147 (2012) |
Densidade | 283´2 hab./km² |
A illa Ukerewe (en inglés: Ukerewe island) é unha illa lacustre africana pertencente a Tanzania, a maior illa do lago Vitoria, a 5º maior illa lacustre do mundo e a maior illa interior de África, cunha superficie de aproximadamente 530 km².[1] Forma parte do Distrito Ukerewe, que se atopa a 45 km ao norte de Mwanza, á que está unida por transbordador,[2] e tamén dispón dun transbordador de vehículos máis curto que percorre 3´8 km e une a illa a través da canle Rugezi cun camiño de terra na beira oriental do lago, que se estende a Kibara e Musoma. O litoral da illa Ukerewe está formado por numerosas baías e está rodeado polo menos dunha ducia de illas menores. A súa comunidade máis grande é Nansio.
A illa Ukerewe é coñecida por ter unha gran poboación de africanos con albinismo. Moitos dos primeiros que chegaron a vivir alí foron levados e abandonados na illa polas súas familias cando eran pícaros. Malia que comprende unha porcentaxe excepcionalmente alto da poboación da illa, seguen sendo, como en Tanzania, unha minoría oprimida.[3]
Galería[editar | editar a fonte]
-
Terra costeira, illa Ukerewe, Tanzania
-
Campo de sorgo, illa Ukerewe, Tanzania
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Ukerewe |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- [https://archive.today/20121209124814/http://uta.uwazi.com/index.php?id=map mapa detallado da illa Ukerewe e Illa Ukara