Illa Tawi-Tawi
Tawi-Tawi | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Filipinas |
Provincia | Tawi-Tawi |
Arquipélago | Arquipélago Sulu |
Mar | mar de Sulu |
Coordenadas | 5°12′0″N 120°0′0″L / 5.20000, -120.00000Coordenadas: 5°12′0″N 120°0′0″L / 5.20000, -120.00000 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 580´5 km² |
Longura máxima | 55 km. |
Largura máxima | 23 km. |
Perímetro | 152´2 |
Punto máis alto | 535 m. Monte Sibangkat |
Demografía | |
Poboación | 82.582 (2010) |
Densidade | 142´3 hab./km² |
Illa Tawitawi (tamén escrito Tawi Tawi ou Tawi-Tawi) é unha illa Filipina no Arquipélago Sulu entre o Mar de Sulu e o Mar de Célebes, aproximadamente a 64 km ao leste de Borneo.[1] É a illa principal da provincia de Tawi-Tawi.
Tawi-Tawi ten unha superficie de 580´5 km², polo que é a vixésima illa máis grande de Filipinas, e a 3ª illa máis grande do arquipélago de Sulu (logo de Basilán e Joló). Ten unha lonxitude costeira de 152´2 km, e unha elevación máxima de 549 m.[2]
A illa Tawi-Tawi é de orixe volcánica e ten forma irregular, con arredor de 55 km de longo e entre 10 a 23 km de largo. É montañosa e moi boscosa, con salpicaduras de praias de area branca e costas rochosas.
A illa subdivídese en 4 municipios (Bongao, Languyan, Panglima Sugala, e Tandubas). Os habitantes son na súa maioría son do pobo Sama, falando a lingua Sama-Bajaw e de relixión musulmán.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Tawi Tawi". www.britannica.com. Encyclopædia Britannica, Inc. Consultado o 29 August 2014.
- ↑ "Islands of Philippines". Island Directory. United Nations Environment Programme. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2019. Consultado o 29 de agosto de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Tawi-Tawi |