Illa Lougheed
Illa Lougheed | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa Ellef Ringnes, Lougheed atópase ao suroeste | |
Situación | |
País | Canadá |
Territorio | Nunavut |
Arquipélago | Illas da Raíña Isabel |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 77°26′00″N 105°06′00″O / 77.43333, -105.10000Coordenadas: 77°26′00″N 105°06′00″O / 77.43333, -105.10000 |
Xeografía | |
Superficie | 1.312 km² |
Longura máxima | 78 km. |
Largura máxima | 23 km. |
Perímetro | 243 km. |
Punto máis alto | 126 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A illa Lougheed é unha das illas deshabitadas do arquipélago ártico canadense na rexión de Qikiqtaaluk, Nunavut. Ten unha superficie de 1.312 km². Está relativamente illada comparada con outras illas árticas canadenses, e está situado no océano Ártico, a medio camiño entre a illa Ellef Ringnes ao nordés e a Illa Melville cara ao suroeste. Forma parte do Grupo Findlay.
Historia[editar | editar a fonte]
O primeiro avistamento coñecido da illa foi en 1916 por Vilhjalmur Stefansson, durante a súa Expedición ártica.[1]
O 14 de abril de 1993, Environment Canadá revogou un permiso concedido a Panarctic Oils Ltd. para desfacerse de 400 toneladas de chatarra no océano fronte á illa de Lougheed. A decisión tomouse en resposta ás preocupacións expresadas polos residentes de Grise Fiord, Resolute, Arctic Bay e Pond Inlet. En lugar de botar o material no mar, iniciouse un proxecto de investigación para avaliar o impacto ambiental da acumulación de chatarra na illa Lougheed.
En 1994, Larry Newitt do Geological Survey of Canadá e Charles Barton da Australian Geological Survey Organization estableceron un observatorio magnético temporal na illa de Lougheed, preto da posición prognosticada do Polo Norte magnético, co fin de monitorear as flutuacións a curto prazo do campo magnético da Terra.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Stefansson, Vilhjalmur (1922). The Friendly Arctic: The Story of Five Years in Polar Regions. New York: Macmillan.
- ↑ Newitt, Larry. "Tracking the North Magnetic Pol". uni-muenchen.de. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2008. Consultado o 2008-05-18.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Lougheed |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lougheed Island no Atlas do Canadá - Toporama; Natural Resources Canada