Illa Lingga
Illa Lingga | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Coordenadas | 0°10′00″S 104°39′00″L / -0.16667, -104.65000Coordenadas: 0°10′00″S 104°39′00″L / -0.16667, -104.65000 |
Xeografía | |
Superficie | 889´2 km² |
Longura máxima | 65 km. |
Largura máxima | 33 km. |
Punto máis alto | 1.163 m. Gunung Lingga |
Demografía | |
Capital | Daik |
A Illa Lingga (en indonesio: Pulau Lingga) é a maior e máis poboada das Illas Lingga, en Indonesia. Ten unha superficie de 889 quilómetros cadrados. Está situada ao sur das illas Riau na costa leste de Sumatra. A outra illa principal do arquipélago é Singkep. Lingga está ao sur de Bintan e ao norte da veciña illa Singkep, no extremo sur do Mar da China Meridional e ao sur da liña do ecuador. A capital da illa é Daik no sur. Outros lugares de importancia son Pelandok e Kado na costa sur e Centeng e Linau na costa norte.[1]
O pico máis alto é Gunung Lingga con 1.163 m. Gunung Sepinan pola súa banda alcanza os 750 m.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2020. Consultado o 25 de setembro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Lingga |