Illa Joinville
Illa Joinville | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da Terra de Graham, mostrando a illa Joinville (4). | |
Situación | |
País | Antártida, reclamada por Arxentina, Chile e o Reino Unido |
Arquipélago | Arquipélago de Joinville |
Mar | Océano Antártico |
Coordenadas | 63°15′S 55°45′O / -63.250, -55.750Coordenadas: 63°15′S 55°45′O / -63.250, -55.750 |
Xeografía | |
Superficie | 1.607´4 km² |
Longura máxima | 74 km. |
Largura máxima | 22 km. |
Punto máis alto | 825 m. Monte Tholus |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A illa Joinville é a illa máis grande do arquipélago de Joinville, de aproximadamente 64 km na dirección leste - oeste e de 20 km de largo, atópase ao nordés da punta da Península Antártica, separada polo estreito Antártico. A illa Joinville foi descuberta e cartografada de xeito aproximado en 1838 por unha expdedición francesa baixo o mando do capitán Jules Dumont D'Urville, quen a chamou así en honra a Francisco de Orleáns, Príncipe de Joinville, (1818-1900), que foi o terceiro fillo de Lois Filipe I de Francia, Duque de Orleáns.
A República Arxentina reclama a illa e inclúea dentro do Departamento Antártida Arxentina que forma parte da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, para Chile forma parte do Territorio Chileno Antártico e para o Reino Unido do Territorio Antártico Británico, pero estas reclamacións están suspendidas en virtude do Tratado Antártico.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Joinville |