Illa Anvers
Illa Anvers | |
---|---|
Localización da illa Anvers | |
Paisaxe da illa Anvers | |
Situación | |
País | Antártida, reclamada por Arxentina, Chile e o Reino Unido |
Arquipélago | Arquipélago Palmer |
Mar | Océano Antártico |
Coordenadas | 64°33′S 63°35′O / -64.550, -63.583Coordenadas: 64°33′S 63°35′O / -64.550, -63.583 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 2.432 km² |
Longura máxima | 74 km. |
Largura máxima | 55 km. |
Punto máis alto | 2.761 m. Mount Français |
Demografía | |
Capital | Base Palmer |
Poboación | 50 Non permanentes |
A Illa Anvers, (Anvers Island ou Antwerp Island ou Antwerpen Island ou Isla Amberes) é a maior do Arquipélago Palmer, a 10 Km da costa oeste da Península Antártica, atópase na parte máis austral do arquipélago, ao suroeste da Illa Brabante.
Anvers, unha illa de tipo continental, é alta e montañosa. Ten uns 61 Km de lonxitude, cunha área de 2.432 Km² e unha lonxitude de costas de 379 Km.
O seu nome débese á expedición belga, en 1898, ao mando de Adrien de Gerlache en homenaxe á cidade de Antuerpen, en Bélxica.
A Arxentina inclúe á illa dentro do Departamento Antártida Arxentina que forma parte da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, para Chile forma parte do Territorio Chileno Antártico e para o Reino Unido do Territorio Antártico Británico, pero estas reclamacións están suspendidas en virtude do Tratado Antártico.
Base Palmer[editar | editar a fonte]
A Base Palmer na Illa de Anvers atópase na costa suroeste da illa e é a única base estadounidense ao norte do círculo antártico. A construción terminou en 1968. Ao redor de 50 persoas poden habitar a Estación de Palmer ao mesmo tempo. A estación chámase así por Nathaniel Palmer, probablemente foi unha das tres primeiras persoas en ver a Antártida. Hai laboratorios de ciencias na base, así como un peirao.