Igrexa ortodoxa belarusa
Igrexa ortodoxa bielorrusa | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1990 |
Motivo | Semiautonomía da Igrexa ortodoxa rusa |
Goberno | |
Patriarca de Moscova | Cirilo I |
Metropolita de Minsk e Slutsk | Pavel Ponomarev |
Outros datos | |
Páxina web | www.church.by |
A Igrexa ortodoxa bielorrusa (en belaruso: Беларуская праваслаўная царква, Bielaruskaja pravaslaǔnaja carkva; en ruso: Белорусская Православная Церковь, Belorusskaia Pravoslavnaia Tserkov), é un exarcado da Igrexa ortodoxa rusa en Belarús. Está formada polas eparquías ortodoxas rusas no territorio de dito país, no que é a organización relixiosa predominante.
O seu máximo dirixente é o metropolita de Minsk e Slutsk e exarca patriarcal Pavel Ponomarev. A igrexa ten unha autonomía moito menor en comparación coa Igrexa ortodoxa ucraína, que é considerada igrexa autónoma.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web oficial (en ruso).