Igrexa de San Xián de Veiga
Igrexa de San Xián de Veiga | |
---|---|
Datos xerais | |
País | España |
Rexión | Galicia |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | San Xián |
Localización | Veiga (A Pobra do Brollón) |
Coordenadas | 42°35′43″N 7°24′42″O / 42.595333333333, -7.4115277777778Coordenadas: 42°35′43″N 7°24′42″O / 42.595333333333, -7.4115277777778 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Lugo |
Arquitectura | |
Construción | s.XII |
Estilo | Románico |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Igrexa de San Xián de Veiga é un templo románico situado na parroquia de Veiga, no concello lugués da Pobra do Brollón, que data do século XII, sendo o máis antigo que se atopa nese concello.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Data da segunda metade do século XII con naves ábsidas semicirculares. A nave principal é rectangular con muros de cachotaría, cuberta a dúas augas con tellado de lousa. A sancristía está acaroada a un dos laterais da nave. A portada principal é estreita e alongada, e está reformada. Ten tres arquivoltas semicirculares peraltadas. Canzorros lisos, estela con Flor de Lis e, no interior, retablo barroco do século XVIII, esculturas e campanario con espadana de catro vans.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Biografía[editar | editar a fonte]
- Ramón y Fernández, José (1944). "La iglesia de San Xiao da Veiga". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (277-280): 113–116. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2018.