Igrexa de San Martiño de Lalín
Igrexa de San Martiño de Lalín | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Lalín | |
País | España |
Localización | Lalín de Arriba (Lalín) |
Coordenadas | 42°39′40″N 8°06′25″O / 42.66111111, -8.10694444Coordenadas: 42°39′40″N 8°06′25″O / 42.66111111, -8.10694444 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Lalín é unha igrexa románica no século XII de Lalín, situada fóra do núcleo urbano, no lugar de Lalín de Arriba.
Historia[editar | editar a fonte]
É de planta de nave e ábsida rectangular. Orixinalmente servía un mosteiro fundado cara ao ano 980 polo bispo de Mondoñedo Arias Peláez (segundo o testamento da súa sobriña Adosinda datado en 1019).
A comezos do século XX construíuse unha nova igrexa parroquial no centro da vila de Lalín e esta igrexa, un pouco afastada da poboación, estivo a piques de derrubarse pero a oposición dos veciños impediuno.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes da igrexa de San Martiño de Lalín.
-
Fachada da igrexa.
-
Portada da igrexa.
-
Detalle da portada.
-
Ventá posterior.