Harris
Harris - Na Hearadh | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | Tarbert |
País | Escocia |
Localización | Océano Atlántico |
Arquipélago | Illas Occidentais |
Linguas | Inglés, Gaélico escocés |
Poboación (2008) | 1984 hab. |
Superficie | 401 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 57°54′36″N 61°49′48″O / 57.91000, -61.83000Coordenadas: 57°54′36″N 61°49′48″O / 57.91000, -61.83000 |
Maior Altura | 799 m. Clisham |
Localización | |
Harris (gaélico escocés: Na Hearadh) é unha illa das Hébridas Interiores, pertencentes a Escocia. Segundo o censo de 2001 tiña unha poboación de 3.601 habitantes. O seu nome procede do antigo nórdico Herað, un tipo de división administrativa. A parte setentrional forma a illa de Lewis. De feito, aínda que se consideren formalmente como illas diferentes, Lewis e Harris forman parte da mesma illa. Harris está separada de norte a sur por un istmo no medio do cal atópase a capital, Tarbert.
Está conectada por ferri coa vila de Uig, en Skye, e tradicionalmente formou parte do condado escocés de Inverness-shire. O principal monte é An Clisham (799 m).