Hanno Möttölä
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1976 (47 anos) Helsinqui |
Nacionalidade | Finlandia |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 113 kg (250 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Información da carreira | |
Universidade | Utah (1996–2000) |
NBA Draft | 2000 / Rolda: 2 / Elección: 40 Por Atlanta Hawks |
Carreira | 1994–2014 |
Historial de equipos | |
Helsingin NMKY (1994–1996) Atlanta Hawks (2000–2002) TAU Cerámica (2002–2003) Fortitudo Bologna (2003–2004) Scavolini Pesaro (2004–2005) Dinamo Moscova (2005–2006) Žalgiris Kaunas (2006–2007) Aris Tesalónica (2007–2008) Torpan Pojat (2009–2012) Torpan Pojat (2013) |
Hanno Aleksanteri Möttölä, nado en Helsinqui o 9 de setembro de 1976, é un ex xogador finés de baloncesto profesional. Mide 2,08 metros e xogaba na posición de ala-pivote.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras xogar para a Universidade de Utah, Möttöla foi seleccionado na 40ª posición do Draft da NBA de 2000 polos Atlanta Hawks, onde xogou durante dúas tempadas antes da súa volta a Europa. Alí xogou para o Saski Baskonia da Liga ACB, no Fortitudo Bologna italiano onde en 2004 conseguiu chegar ás finais da Lega Basket Serie A e á final da Euroliga, e no Victoria Libertas Pesaro italiano.
Tras o seu paso polo MBC Dinamo Moscova ruso e o BC Žalgiris lituano, Möttöla asinou co Aris BC grego o 26 de xullo de 2007.[1]
O 26 de setembro de 2008, Möttöla anunciou a súa retirada do baloncesto profesional,[2] pero nove meses despois decidiu xogar de novo.[3] En setembro de 2009, Möttöla asinou co Torpan Pojat finés, onde xogou durante catro tempadas nas que conseguiu un subcampionato de liga en 2010 e outro de copa en 2011.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sotirou, Kostas (2007). "Aris inks big men Mottola and Agadakos". Euroleague. Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ "Hanno Mottola of Finland retires". Inside Hoops. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2012. Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ Martinez, Frans (2009). "Hanno Mottola vuelve a las canchas". Solo Basket. Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ "Hanno Möttölä vahvistaa ToPoa Divisioona A:n kärjessä". Basket.fi (en finés). Consultado o 5 de febreiro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en Euroleague.net (en inglés)
- Estatísticas NBA en Basketball-Reference.com Arquivado 19 de outubro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1976
- Nados en Helsinqui
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto de Finlandia
- Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores do Saski Baskonia
- Xogadores do Fortitudo Bologna
- Xogadores do Victoria Libertas Pesaro
- Xogadores do MBC Dinamo Moscova
- Xogadores do BC Žalgiris Kaunas
- Xogadores do Aris BC