Guillermo Salgueiro Abad
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1932 Area, España |
Morte | 21 de agosto de 2023 (90/91 anos) Viveiro, España |
Alcalde de Ourol | |
1987 – 2007 ← Euloxio Rubert Méndez – Marcial Sanjurjo Fernández → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , empresario |
Lingua | Lingua galega |
Guillermo Salgueiro Abad, nado en Area (Viveiro) cara a 1932 e finado no mesmo concello o 21 de agosto de 2023, foi un empresario e político galego do PPdeG
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Empresario de hostalería; no 1967 abriu un dos primeiros equipamentos turísticos na Mariña, un motel que foi inaugurado por Manuel Fraga, daquela ministro de Información e Turismo.
Carreira política[editar | editar a fonte]
Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular á alcaldía de Ourol e foi elixido alcalde de Ourol grazas ao apoio do concelleiro do CDS. Nas municipais de 1991 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e obtivo a maioría absoluta. Volveu ser elixido con maioría absoluta nas seguintes eleccións até que en 2007 foi substituído por Marcial Sanjurjo Fernández.
Residía en Viveiro, e na súa última etapa en Sevilla por razóns de negocios. Finou en Viveiro o 21 de agosto de 2023.[1][2]
Predecesor: Euloxio Rubert Méndez |
Alcalde de Ourol 1987 - 2007 |
Sucesor: Marcial Sanjurjo Fernández |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Delegación A Mariña (21 de agosto de 2023). "Fallece en Viveiro a los 91 años el empresario y exalcalde de Ourol Guillermo Salgueiro". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2023.
- ↑ Adiós a un «empresario de raza», Guillermo Salgueiro, fundador del mayor complejo hotelero de A Mariña y excalcalde de Ourol
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Salgueiro Abad, Guillermo". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.