Gonzalo Louzao
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1994 (30 anos) Cereixo, España |
Alcalde da Estrada | |
2024 – ← José López Campos | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Gonzalo Louzao Dono, nado en Cereixo (A Estrada) o 4 de maio de 1994, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Graduado en Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela e máster en Márketing e Comunicación Política na mesma universidade. Traballou en prácticas ás ordes de Alfonso Rueda cando estaba á fronte da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no penúltimo mandato de Alberto Núñez Feijóo. Nas eleccións municipais de 2019 foi elixido concelleiro na Estrada polo PPdeG, ocupando o cargo de concelleiro de Urbanismo. Nas municipais de 2023 volveu ser elixido concelleiro e ocupou o cargo de concelleiro de Urbanismo e Medio Rural. Logo da dimisión de José López Campos en abril de 2024 para ser conselleiro de Cultura, foi elixido alcalde da Estrada.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cela, Ana (2024-04-17). "Gonzalo Louzao Dono, nuevo alcalde de A Estrada". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-04-17.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Predecesor: José López Campos |
Alcalde da Estrada 2024 - actualidade |
Sucesor: no cargo |