Ginés Alemparte Alén
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 (112/113 anos) Lebosende, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | canteiro , sindicalista |
Ginés Alemparte Alén, nado en Lebosende (Leiro) cara a 1911, foi un canteiro e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Canteiro en Lebosende. Secretario da Sociedade de Oficios Varios de Leiro, na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido por "manifestarse desfavorablemente en contra del Estado" xunto co presidente da sociedade Jesús Romero Álvarez e outros veciños. Foron liberados días despois.[1] Logo do triunfo da Frote Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Leiro en marzo, na nova corporación presidida por Manuel Fernández Neira.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Procesado na causa 1599/37 xunto con Eugenio Collazo Álvarez, Miguel Crego Araujo, Luis Crispín Fernández, Antonio Fernández Díaz, Antonio González Díaz, Eladio Porto Bugallo, Manuel Rodríguez, Jesús Romero Álvarez e Benito Velerio Fernández, foi xulgado en Ourense por auxilio á rebelión o 21 de abril de 1938 e condenado a 12 anos e un día de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Galicia, 18-10-1934, p. 1.
- ↑ La Región, 22-3-1936, p. 4.
- ↑ BOE, 18-3-1943, p. 1043.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ginés Alemparte Alén na páxina web Nomes e Voces.