Fumihiko Maki
Fumihiko Maki (槇 文彦, まき ふみひこ), nado o 6 de setembro de 1928 en Toquio, é un arquitecto Xaponés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Logo de estudar na Universidade de Toquio mudouse á Academia Cranbrook en Bloomfield Hills, indo máis tarde á Escola de Deseño de Harvard. Traballou para Skidmore, Owings e Merrill en Nova York e para Sert Jackson and Associates en Cambridge. Fundou Maki and Associates no ano 1965. No 1960 volveu ó Xapón para axudar á consolidación do Metabolism Group. Dous dos materiais máis usados nos seus traballos son o metal e o vidro. No ano 1993 foille entregado o prestixioso Premio Pritzker da Arquitectura.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fumihiko Maki |