Frutos Xesús Martínez Saavedra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pontedeume |
Alcalde de Arteixo | |
Alcalde de Camariñas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Frutos Xesús Martínez Saavedra, nado en Pontedeume[1], é un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre de EXB, foi director do colexio de Camariñas, chegando a exercer de alcalde de 1971 a 1974[2]. Trasladouse a Arteixo en 1979, onde foi director do colexio de EXB desta localidade. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE de Arteixo, sendo elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Posteriormente estableceu un pacto de goberno co BNG e o PSF, o cal acabaría abandonando o BNG e se sumaría un edil do CDS. En decembro de 1988 os dous edís que apoiaban ós socialistas tamén romperon o acordo, e en xaneiro de 1989 estableceuse un pacto cos edís de AP[3]. Nas municipais de 1991 foi reelixido alcalde como cabeza da lista máis votada, establecendo logo un pacto de goberno co BNG, o cal terminou rompendo en outubro de 1992[4].
Nas municipais de 1995 empatou a 7 edís co PPdeG, o cal o superou en votos, pese a aumentalo seu nivel de respaldo e votos. Se ben tiña a opción de conservala alcaldía co apoio dos 3 edís do BNG, a negativa destes supuxo que a alcaldía pasase ó candidato popular Manuel Pose Miñones, en contra do criterio da dirección superior dos nacionalistas, que expulsou ós concelleiros, os cales acabaron integrándose no goberno e no PPdeG ao remate da lexislatura. Neste mandato foi deputado provincial. Foi de novo candidato socialista nas municipais de 1999, pero non logrou recuperala alcaldía ó logralo PPdeG maioría absoluta, retirándose da política á fin dese mandato.
Predecesor: Eulogio Gestal Varela |
Alcalde de Arteixo 1987 - 1995 |
Sucesor: Manuel Pose Miñones |
Predecesor: ? |
Alcalde de Camariñas 1971 - 1974 |
Sucesor: ? |