Frieda B. Hennock
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de decembro de 1904 Kovel, Ucraína (pt) |
Morte | 20 de xuño de 1960 (55 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América Imperio Ruso |
Educación | Brooklyn Law School (en) Morris High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | avogada , oficial |
Membro de |
Frieda Barkin Hennock, nada o 27 de decembro de 1904 en Kovel e finada o 20 de xuño de 1960 en Nova York, foi unha avogada estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Hennock naceu na Ucraína tsarista nunha familia xudía que emigrou aos Estados Unidos en 1910. En Nova York estudou dereito na Brooklyn Law School e graduouse en 1924. Entre 1926 e 1948 traballou como avogada no Estado de Nova York especializándose en dereito corporativo. En 1948 Harry Truman nomeouna para servir na Comisión Federal de Comunicacións, foi a primeira muller en entrar nela[1], e tivo un papel decisivo na decisión da FCC de asignar canles ás televisións educativas [2], o que sería o xermolo da televisión pública nos Estados Unidos. En 1955 deixou a FCC volvendo ao exercicio da avogacía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Robert S. Alley e Irby B. Brown Women television producers: transformation of the male medium, p.9
- ↑ "Encyclopedia of Television: Freida Barkin Hennock". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2010. Consultado o 25 de xaneiro de 2011.