Francisco Pereira García
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | A Estrada, España |
Morte | 24 de marzo de 1881 A Estrada, España |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico , político |
Lingua | Lingua castelá |
Francisco Pereira García, nado na Estrada e finado na mesma vila o 24 de marzo de 1881[1], foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
No Sexenio Democrático foi militante do Partido Liberal, elixido deputado provincial polo distrito da Estrada en 1871 e 1872, o 22 de xuño de 1871 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Tabeirós en 1872. Na Restauración volveu ser elixido deputado provincial polo distrito da Estrada en 1877 e 1878.
Predecesor: Miguel Vidal López |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1871 |
Sucesor: Cayetano Taboada Sotelo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 31-3-1881, p. 1.