Francisco Pazos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) Cobas, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escultor , canteiro |
Xénero artístico | Arte figurativa e Arte abstracta |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Páxina web | fpazos.es |
Francisco Pazos Martínez, nado en Covas (Meaño) en 1961, é un escultor galego.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras rematar os seus estudos primarios formouse na Escola de Canteiros de Poio entre 1980 e 1985. Despois desta etapa crea o seu propio taller na súa vila natal, onde comezou a crear as súas primeiras obras. Entre 1991 e 2000 estivo na Escola de Canteiros como docente, actividade que abandonou para centrarse de cheo na creación artística.
Realiza escultura figurativa e abstracta utilizando como materiais principais a pedra e a madeira, combinándoas con ensambladuras caprichosas, utilizando roturas deliberadas e grampas innecesarias, o que confire ás súas obras un estilo propio e recoñecible. Tamén realiza cadros pintados sobre madeira e mobles de madeira ou combinados con outros materiais.
As súas obras trufan o concello de Meaño[2], hai obra no Museo de Pontevedra, e tamén están presentes en diversos lugares fóra de Galicia.
Museos, coleccións e lugares públicos que teñen obra súa[editar | editar a fonte]
- Santo Domingo de la Calzada, A Rioxa.
- Museo de Pontevedra.
- Colección Deputación da Coruña.
- Museo Carlos Maside. Sada.
- Colección Afundación.
- Museo Celta de Vigo.
- Universidade de Vigo.
- Concello de Alcobendas, Comunidade de Madrid.
- Paseo marítimo da Coruña.
- Concello de Vigo.
- Concello de Carballo.
- Colección Viñas-Gil. Albacete.
- Colección Bernardo Quetglas. Mallorca.
- Diversas coleccións particulares.
Premios e bolsas[editar | editar a fonte]
- 1983 - 2º premio Bolsa "Novos Valores". Bienal de Pontevedra.
- 1984 - 1º premio Bolsa "Novos Valores". Bienal de Pontevedra.
- 1990 - Medalla de Bronce XXI Bienal de Pontevedra.
- 2008 - Premio “Antón Fraguas”. Deputación da Coruña.
- 2008 - 1º Premio concurso escultura aire libre Fundación FEIMA. Madrid.
- 2016 - 1º Premio III Certame Francisco Asorey[3].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Currículo na páxina web do artista (en castelán).
- ↑ "Una veintena de obras de artistas están en el olvido en diversas calles de Meaño", artigo de Tino Hermida en Faro de Vigo, 5 de maio de 2012 (en castelán).
- ↑ El meañés Francisco Pazos gana el primer premio del certamen Asorey de escultura Angueira, M. Faro de Vigo, 29/07/2016 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Pazos |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- XXI Bienal de Arte Pontevedra'90. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra. 1990. ISBN 9788486845452.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Francisco Pazos Páxina persoal (en castelán).
- Francisco Pazos na Colección Afundación.
- Bibliografía en PintoresGallegos.com (en castelán).