Saltar ao contido

Francisco Morales Bermúdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Morales Bermúdez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Lima, Perú Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xullo de 2022 Editar o valor em Wikidata (100 anos)
Lima, Perú Editar o valor em Wikidata
Presidente do Perú
29 de agosto de 1975 – 28 de xullo de 1980
← Juan Velasco AlvaradoFernando Belaúnde Terry →
Presidente do Conselho de Ministros do Peru (pt) Traducir
1 de febreiro de 1975 – 29 de agosto de 1975
← Luis Edgardo Mercado Jarrín (pt) TraducirÓscar Vargas Prieto →
Comandante Xeral do Exército do Perú
1 de febreiro de 1975 – 29 de agosto de 1975
← Luis Edgardo Mercado Jarrín (pt) TraducirÓscar Vargas Prieto →
Minister of Economy and Finance of Peru (en) Traducir
1 de marzo de 1969 – 2 de xaneiro de 1974
Minister of Economy and Finance of Peru (en) Traducir
20 de marzo de 1968 – 21 de maio de 1968
← Raúl Ferrero Rebagliati (en) TraducirManuel Ulloa Elias (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePerú Editar o valor em Wikidata
EducaciónChorrillos Military School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , oficial Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Peruano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRosa Pedraglio de Morales Bermúdez (1942–1998), morte do cónxuxe
FillosRemigio Morales Bermúdez Pedraglio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiRemigio Morales Bermúdez Sánchez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Francisco Morales Bermúdez Cerruti, nado en Lima o 4 de outubro de 1921 e finado na mesma cidade o 14 de xullo de 2022, foi un político e militar peruano. Exerceu como presidente de facto da República do Perú desde 1975 ata 1980, na denominada segunda etapa do Goberno Revolucionario das Forzas Armadas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Francisco Morais Bermúdez naceu en Lima, o 4 de outubro de 1921. Neto do Xeneral Remigio Morales Bermúdez, que foi Presidente da República desde 1890 a 1894. Estudou en Lima no Colexio da Inmaculada (xesuítas). De formación militar iniciada cando tiña 18 anos, ao final da súa carreira chegou a ostentar o grao de Xeneral de División.

Foi Ministro de Finanzas durante o primeiro goberno de Fernando Belaúnde Terry en 1968. Logo do golpe de estado de 1968, baixo o mando do Xeneral Juan Velasco Alvarado, foi nomeado Xefe do Estado Maior, cargo que exerceu desde 1969 ata 1974.

Foi Presidente do Consello de Ministros e ocupou a carteira do Ministerio de Guerra (hoxe fusionado no Ministerio de Defensa) durante os anos 1974 e 1975 e, desde febreiro de 1975, foi Comandante Xeral do Exército. No devandito cargo encabezou o Tacnazo, o 29 de agosto de 1975, un incruento golpe de estado contra o presidente Juan Velasco Alvarado e ao día seguinte autoproclamouse presidente da República do Perú como "Xefe de Estado" na Segunda Fase do Proceso Revolucionario das Forzas Armadas. Foi apoiado pola CIA e os servizos secretos de EEUU que se atopaban instalados en Chile apoiando o ditador Augusto Pinochet. Ante a iminente invasión a Chile e a posible recuperación dos territorios de Arica e Tarapacá para o Perú, deu o golpe de estado a Velasco.

A súa intención declarada foi a rectificación dos excesos cometidos nas reformas sociais e económicas desenvolvidas pola súa predecesor. Finalmente, o seu goberno convocou a eleccións xerais para a formación dunha Asemblea Constituínte pola presión das marchas e folgas da poboación. Estas eleccións contaron coa participación das forzas políticas do país, as cales participaron na elaboración da Constitución de 1979.

En maio de 1980, leváronse a cabo as eleccións para elixiren democraticamente o novo Presidente da República. O escrutinio deu por vencedor a Fernando Belaúnde Terry, quen fora deposto polo golpe de Estado de Juan Velasco Alvarado e que asumiu a presidencia o 28 de xullo dese mesmo ano.

Presidente do Perú

Segue a:
Juan Velasco Alvarado
Francisco Morales Bermúdez
Precede a:
Fernando Belaúnde Terry