Francisco Maseda García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1914 A Habana, Cuba |
Morte | 5 de novembro de 2007 (93 anos) Ribadeo, España |
Alcalde de Ribadeo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , político |
Francisco Maseda García, coñecido como Pancho Maseda, nado na Habana o 1 de setembro de 1914 e finado en Ribadeo o 5 de novembro de 2007,[1] foi un empresario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dos indianos Francisco Maseda e Carmen García Rodríguez,[2] cursou Bacharelato e Peritaxe Mercantil na Coruña. Desenvolveu a súa vida profesional nos negocios familiares de Casa Maseda, Carpintería Maseda e Hotel Ribanova. No franquismo foi nomeado alcalde de Ribadeo en 1943, tomando posesión o 15 de outubro.[3] Cesou no cargo en febreiro de 1964.[4] Despois impulsóu a construción de vivendas da Cooperativa Santa Cruz, foi presidente do Ribadeo F.C. e da Asociación Amigos da Gaita Galega.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
O Concello de Ribadeo deulle o seu nome a unha praza da vila en 1998.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Felisa García Bolaño e foi pai de Francisco e Mª Carme Maseda García.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Falleció Pancho Maseda, alcalde de Ribadeo durante treinta años" (6/11/2007). La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "15. O indiano Francisco Maseda coa súa familia pouco antes do seu retorno á Devesa, 1919" Consello da Cultura Galega.
- ↑ El Progreso, 14-10-1943, p. 3.
- ↑ El Progreso, 28-2-1964, p. 7.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Predecesor: Jesús Díaz López |
Alcalde de Ribadeo 1943 - 1964 |
Sucesor: Alberto Mediavilla Martínez |