Francisco Javier Rodríguez Vílchez
Francisco | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco Javier Rodríguez Vílchez | ||
Nacemento | 17 de setembro de 1978 (45 anos) | ||
Lugar de nacemento | Almería | ||
Altura | 174 centímetros | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1995−1996 | Plus Ultra | ||
1996−1997 | Espanyol | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1997−1999 | Poli Almería | 72 | (14) |
1999−2001 | Valencia B | 41 | (7) |
2000−2001 | → Poli Ejido (cedido) | 41 | (7) |
2002−2004 | UD Almería | 103 | (36) |
2004−2005 | Albacete | 28 | (3) |
2005−2007 | UD Almería | 47 | (9) |
2007−2008 | Granada 74 | 34 | (3) |
2008−2010 | Alicante | 21 | (2) |
2010 | Orihuela | 14 | (5) |
Total | 404 | (87) | |
Adestrador | |||
2011−2013 | UD Almería B | ||
2013−2014 | UD Almería | ||
2016−2017 | UCAM Murcia | ||
2017−2018 | CD Lugo | ||
2018− | Córdoba | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco Javier Rodríguez Vílchez, nado en Almería o 17 de setembro de 1978, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro sendo aínda hoxe o máximo goleador da historia da UD Almería no fútbol profesional. O seu último club como xogador foi o Orihuela Club de Fútbol.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como futbolista[editar | editar a fonte]
Debuta como profesional en Tercera división na tempada 1995/96 no Plus Ultra CF de Almería, aínda en idade xuvenil. As súas boas actuacións propician a súa fichaxe polo primeiro equipo xuvenil do RCD Espanyol de Barcelona para a tempada 1996/97. Tras esta etapa, xoga dúas tempadas no Club Polideportivo Almería, onde chamou a atención dos técnicos do Valencia CF e foi incorporado ao filial deste en 1999. Posteriormente, disputou a tempada 2000/01 no Polideportivo Ejido, en calidade de cedido.
No mercado de inverno da tempada 2001/02 incorpórase á Unión Deportiva Almería onde logra o ascenso a Segunda División. Permaneceu no equipo ata a tempada 2003/04 cando, ao finalizar o seu contrato marcha libre ao Albacete, que entón militaba en Primeira división. Malia que a súa marcha non supuxo beneficio económico para o club, non foi criticado pola afección da súa terra, ao comprender esta que o xogar en Primeira era unha oportunidade irrechazable por Francisco, que se encontraba nun gran momento de forma. No seu periplo en Primeira división apenas xoga e tan só marca tres goles: un foi o gol do Albacete na súa derrota no Estadio Santiago Bernabéu ante o Real Madrid, e outro no Estadio Vicente Calderón ante o Atlético de Madrid, que destacou pola súa bela factura e foi considerado entre algúns medios especializados (como Estudio Estadio, en Televisión Española) un dos mellores goles da tempada 2004/05.
No mercado de inverno da tempada 2005/06 foi traspasado novamente á UD Almería. Con motivo do ascenso do Almería a Primeira o 19 de maio de 2007, recibiu, xunto ao presidente Alfonso García; o adestrador Unai Emery; e o primeiro capitán, José Ortiz; o Escudo de Ouro da Cidade de Almería concedido polo Concello da devandita cidade. En agosto de 2007, é cedido por período dun ano ao Granada 74. En 2008 volve ao Almería despois da súa cesión, pero rescindiu o seu contrato e fichou polo Alicante CF. En xaneiro de 2010, tras estar seis meses sen equipo e adestrando co filial da Almería, fichou polo Orihuela de Segunda División B para retirarse ao final da devandita campaña.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
En 2011, Francisco converteuse no adestrador do Almería B. Na tempada 2012/13 estivo preto de clasificar ao filial almeriense para a promoción de ascenso a Segunda división. O 29 de xuño de 2013 foi nomeado técnico do primeiro equipo.[1] Malia ser o adestrador máis novo da tempada 2013-14[2] e non gañar ningún dos 10 primeiros partidos, a directiva confiou nel e finalmente logrou dirixir o seu equipo cara á permanencia.[3] Iso sérvelle para seguir un ano máis no banco almeriense. Ao ano seguinte, pese a estar fóra dos postos de descenso co orzamento máis pequeno da categoría é cesado. Ao seu seguinte club é o UCAM Murcia da Segunda División, equipo que case consegue salvar a pesar de estar en postos de descenso. Na temporada 2016−17 asina co Club Deportivo Lugo
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ AS, ed. (29 de xuño de 2013). "Francisco, novo adestrador do Almería para o próximo curso".
- ↑ El País, ed. (4 de xullo de 2013). "Francisco, novo técnico do Almería".
- ↑ Axencia EFE (18 de maio de 2014). Sport, ed. "O Almería logra o empate que necesitaba para seguir en Primeira".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en Almería
- Nados en 1978
- Futbolistas de Andalucía
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do CP Almería
- Xogadores do Valencia CF Mestalla
- Xogadores do Club Polideportivo Ejido
- Xogadores da UD Almería
- Xogadores do Albacete Balompié
- Xogadores do Granada 74 CF
- Xogadores do Alicante CF
- Xogadores do Orihuela CF
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores da UD Almería B
- Adestradores da UD Almería
- Adestradores do UCAM Murcia
- Adestradores do CD Lugo