Francisco García Suárez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) Allariz, España |
Alcalde de Allariz | |
1 de setembro de 2000 – 15 de xuño de 2018 ← Anxo Quintana – María Cristina Cid Fernández → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Allariz |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Francisco García Suárez, nado en Allariz en 1957, é un político galego do BNG, alcalde de Allariz de 2000 a 2018.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Diplomado en Maxisterio. Foi secretario-interventor do concello da Mezquita. Foi concelleiro de Allariz dende o ano 1990 e tenente de alcalde (1991-2000). Ata o 2003 foi secretario de organización da Executiva do BNG.[1][2]. Foi alcalde de Allariz polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) dende setembro do ano 2000, sucedendo no cargo a Anxo Quintana.[3] Revalidou a alcaldía de Allariz con maioría absoluta nas seguintes eleccións de 2003, 2007, 2011 e 2015. Foi vicepresidente segundo da FEGAMP dende 2003 ata 2015. En xuño de 2018 presentou a súa dimisión como alcalde de Allariz e foi substituído pola súa compañeira Cristina Cid.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Allariz, el bastión de los nacionalistas. www.elpais.com, 18/05/2007. (en castelán)
- ↑ Francisco García y Suárez Canal dejan la Ejecutiva del BNG. www.galiciadigital.com, 24/11/2003. (en castelán)
- ↑ ""Acta da sesión extraordinaria celebrada polo pleno da corporación o día 1 de setembro de 2000"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2006. Consultado o 02 de abril de 2016.