Francisco Fernández Liñares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xullo de 1950 (73 anos) Olveira, España |
Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil | |
2008 – 2011 – Francisco Marín Muñoz → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua galega |
Francisco Fernández Liñares, nado en Olveira (Dumbría) o 1 de xullo de 1950, é un enxeñeiro técnico agrícola, economista e político galego, do PSdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Economía, aprobou unhas oposicións a funcionario do Estado e acabou recaendo na subdelegación do goberno en Lugo a finais dos anos noventa. En 1999 integrou a lista do PSdeG ao concello de Lugo, encabezada por Xosé López Orozco, e foi elixido concelleiro. Ocupou a carteira de Seguridade, encargada da policía municipal, durante ese primeiro goberno Orozco. Revalidou o seu escano de concelleiro no goberno municipal en tres ocasións, mudando as carteiras: economía, zona rural e finalmente urbanismo.
En 2008 deixou o goberno municipal ao ser nomeado presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, posto onde permaneceu ata que o equipo de Mariano Rajoy (Partido Popular) venceu nas eleccións Xerais 2011 en España. Foi substituído por Francisco Marín Muñoz. A seguir foi destinado a un posto na mesma Confederación, pero na sede de Lugo.
En setembro de 2012 foi detido en relación coa Operación Pokémon, acusado de participar nunha trama de subornos e prevaricación mentres fora concelleiro en Lugo.[1] O Tribunal Supremo condenouno a catro anos e medio de cárcere por suborno e a oito anos e medio de inhabilitación por prevaricación por adxudicar obras a empresarios a cambio de cartos ou de prestacións de traballo nas súas propiedades.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "O peche da peza central do caso Pokémon procesa o ex-edil Liñares e ratifica o arquivo das acusacións contra Orozco". Praza Pública. 2021-10-07. Consultado o 2023-07-13.
- ↑ "Chío da Oficina de Comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia". Twitter. Consultado o 2023-07-13.