Francisco Bolón Moreira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Carballo |
Alcalde de Carballo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , político |
Francisco Bolón Moreira, nado en Carballo, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comerciante en Carballo. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro de Carballo como integrante da ORGA, e despois elixido alcalde de Carballo. Como alcalde propuxo construír un monumento as mártires de Sofán por subscrición popular, comezando o propio concello cunha cantidade.[1] Cesou como alcalde en 1932. Volveu ser alcalde a finais de 1935. En xullo de 1936 era primeiro tenente-alcalde de Carballo.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1942.[3]
Predecesor: Manuel Rodríguez Mes |
Alcalde de Carballo 1931 - 1932 |
Sucesor: José Monteagudo Rodríguez |
Predecesor: Ramón San Luís Romero |
Alcalde de Carballo 1936 |
Sucesor: José Monteagudo Rodríguez |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Dolores Varela Landeira e foi pai de Concepción, José Francisco e Carmen Dolores Bolón Varela.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Mártires de Sofán no esquecemento.". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2022. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-7-1936, p. 2.
- ↑ BOE, 22-3-1942, p. 1511.