Francisca Barracel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1902 Allariz, España |
Morte | 18 de xullo de 2013 (111 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Francisca Barracel Fernández, nada na Torre (na parroquia de Seoane, Allariz), o 18 de xuño de 1902 e finada en Ourense o 18 de xullo de 2013, foi unha labrega, hostaleira, comerciante e supercentenaria galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Francisca Barracel, que tivo catro irmáns, casou e en 1946 tivo un fillo, José. Durante esas primeiras décadas da súa vida traballou como labrega, ata que en 1956 se trasladou coa familia á vila de Allariz para abrir unha tenda de ultramariños onde tamén daban comidas e pousada. Xubilada en 1967, enviuvou con 90 anos. En 1996 marchou a vivir co fillo a Ourense. Nos últimos anos da súa vida perdeu a fala.
No seu momento foi a galega máis vella e, historicamente, é unha das supercentenarias galegas.
Faleceu en Ourense o 18 de xullo de 2013.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Muere en Ourense a los 111 años la abuela de Galicia". La Voz de Galicia. 19 de xullo de 2013. (en castelán)