Francesco Maria Piave
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1810 Murano (pt) |
Morte | 5 de marzo de 1876 (65 anos) Milán |
Lugar de sepultura | cemiterio monumental de Milán |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Italia (1861–1876) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , poeta , compositor , compositor de cancións , dramaturgo , escritor , libretista , tradutor , director de ópera |
Xénero artístico | Ópera |
Lingua | Lingua italiana e Lingua véneta |
|
Francesco Maria Piave, nado en Murano o 18 de maio de 1810 e finado en Milán o 5 de marzo de 1876, foi un poeta italiano, moi coñecido por ser un dos libretistas máis próximos a Giuseppe Verdi, sendo o seu colaborador e amigo durante practicamente toda a vida.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Piave naceu en Murano en la lagoa de Venecia, cando a rexión estaba baixo o poder de Napoleón Bonaparte e formaba parte do que entre 1805 e 1814 se denominou Reino de Italia. Ao igual que Verdi, Piave foi un fervente nacionalista italiano, e mesmo en 1848, en Milán, durante as Cinque Giornate, Verdi escribiu a Piave con ocasión da saída da cidade das tropas austríacas comandadas por Joseph Radetzky von Radetz, dirixíndose a el como Cidadán Piave.
Xunto a Salvatore Cammarano, foi un dos libretistas máis prolíficos na carreira de Verdi, escribindo Ernani (1844), I due Foscari (1844), Attila (1846), Macbeth (1847), Il corsaro (1848), Stiffelio (1850), Rigoletto (1851), La traviata (1853) Simon Boccanegra (1857) e La forza del destino (1862). Piave tería colaborado tamén na elaboración do libreto de Aida, que lle foi encargado a Verdi en 1870, si non tivera sufrido un ataque cardíaco.
Piave tamén colaborou elaborando libretos para outros compositores como Giovanni Pacini, Saverio Mercadante, Federico Ricci e Michael Balfe.
Piave morreu en Milán o 5 de marzo de 1876, aos 65 anos de idade e foi enterrado no Cimitero Monumentale.
Libretos[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
- ↑ List from opera.stanford.edu Retrieved 27 November 2010