Francesco Algarotti
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de decembro de 1712 Venecia |
Morte | 3 de maio de 1764 (51 anos) Pisa |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | Camposanto Monumentale (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República de Venecia |
Educación | Universidade de Roma La Sapienza Universidade de Boloña |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo , camareiro (pt) , crítico de arte , matemático , poeta , físico , escritor , historiador da arte , aristócrata |
Período de actividade | 1735 - 1764 |
Membro de | |
Lingua | Lingua italiana |
Premios | |
Francesco Algarotti, nado en Venecia o 11 de decembro de 1712 e finado en Pisa o 3 de maio de 1764, foi un escritor, filósofo e crítico de arte italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun rico mercador veneciano, estudou en Roma e Boloña, e aos vinte anos marchou a París, onde fixo amizade con Voltaire e escribiu Neutonianismo per le dame, libro de óptica. Logo dunha viaxe a Rusia, coñeceu a Frederico o Grande que o nomeou conde de Prusia en 1740, en 1754 despois de sete anos de residencia en Berlín e Dresden, retornou a Italia.
Obra[editar | editar a fonte]
- Saggi sopra le belle arti
- Lettere sulla Russia.