Fran Gómez Pallas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1969 (55 anos) Caracas, Venezuela |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motocrós |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | Motocross |
Francisco José Gómez Pallas, nado en Caracas o 18 de marzo de 1969, é un piloto galego de motocrós.
Disputou en oito ocasións o Rally Dakar.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na capital de Venezuela, fillo de emigrantes galegos, e alí aos 6 anos subiu por primeira vez a unha moto, unha Bernelli de 50cc.[1] Aos 7 anos trasladouse coa súa familia a Galicia, instalándose primeiro en Ponteceso e finalmente en Bértoa, Carballo.[2]
Foi campión galego de motocrós na categoría de 80cc en 1985 e de 125cc en 1987, e subcampión de 250cc en 1991, 1992 e 1993, e correu ademais durante anos no Campionato de España.[3][4][5][6] Dedicouse profesionalmente á carpintería metálica, rexentando xunto a seu irmán unha empresa deste eido en Bértoa.[7]
No ano 2000 correu por primeira vez o Rally Dakar, a bordo dunha Honda, conseguindo completalo no posto 88º.[8] Durante os seguintes anos volveu disputar a carreira en varias ocasións (2003, 2005, 2006, 2007 e 2009) conseguindo chegar á meta en 2006 e 2009.[9] Tras varios anos de ausencia volveu na edición de 2018, conseguindo completar o rally por cuarta vez.[10] En 2024 disputou o seu oitavo Dakar, converténdose no primeiro piloto español en correr a proba cunha moto eléctrica.[11] Na penúltima xornada sufriu un espectacular accidente que partiu a súa moto en dous. Con todo, a organización premiouno polo seu rendemento nos días previos, dándolle por completado o rally.[12]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "«Para min, a moto é unha forma de vida»". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 20 de decembro del 2008. p. 8.
- ↑ Tasende, P.; Ferreiro, J.M. (18 de xaneiro de 2006). "En las dunas de Zouérat fue en donde peor lo pasé en el rally". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). p. 10.
- ↑ "Firmada el acta constituyente de la Federación Gallega". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xaneiro de 1986. p. 42.
- ↑ "Un total de 57 pilotos reunirán las dos pruebas de motocross que se celebrarán en Pobra". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xuño de 1992. p. 56.
- ↑ "Premiados tres pilotos de la zona". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 5 de febreiro de 1993. p. 54.
- ↑ "Fran Gómez disputa este año los torneos gallego y nacional de motocross". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 14 de marzo de 1997. p. 55.
- ↑ "Falleció en Carballo Manuel Gómez, «Manolo da Pedra»". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 16 de setembro de 2019. p. 4.
- ↑ "Clasificacións Dakar 2000" (PDF). 2000. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de setembro de 2009. Consultado o 8 de novembro de 2020.
- ↑ Longueira, Toni (24 de novembro de 2017). "«Es más complicado conseguir los patrocinadores que el propio Dakar»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2020.
- ↑ "Fran Gómez Pallas conquista el Dakar 2018" (en castelán). 20 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de novembro de 2020.
- ↑ Couce, Iago (19 de xaneiro de 2024). "Fran Gómez ya es historia del Dakar". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2024.
- ↑ Couce, Iago (26 de xaneiro de 2024). "Fran Gómez Pallas: “No me dio tiempo a pensar en nada porque en décimas de segundo estaba en el suelo”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2024.