François de Bassompierre
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1579 Haroué, Francia |
Morte | 12 de outubro de 1646 (67 anos) Provins, Francia |
Embaixador | |
Governor of the Bastille (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | diplomático , militar |
Lingua | Lingua francesa |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército de terra |
Rango militar | Marechal de França (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Louise-Marguerite de Lorraine |
Fillos | Louis de Bassompierre (pt) |
Pais | Christophe II de Bassompierre, Baron de Bassompierre (en) e Louise Le Picart (en) |
Premios | |
François de Bassompierre, nado no castelo de Harrouel (Lorena) o 12 de abril de 1579 e finado o 12 de outubro de 1646, foi un militar e diplomático francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Educouse en Baviera e Italia e en 1598 entrou na corte de Henrique IV de quen se converteu en favorito, en 1600 participou na campaña de Savoia e en 1603 loitou contra dos turcos en Hungría. Tras a morte de Henrique IV permaneceu leal á rexente, María de Medicis ata que Lois XIII asumiu o trono en 1617. Foi embaixador en España extraordinario en España para resolver o conflito da Valtelina e asinou o Tratado de Madrid. Foi tamén embaixador en Suíza (1625) e Inglaterra (1626).
Loitou contra dos hugonotes (1621-1622) e polas súas accións conseguiu o ascenso a mariscal de Francia. Participou no sitio de La Rochelle (1628) e en 1629 participou na campaña contra os rebeldes do Languedoc. Oposto ao cardeal Richelieu estivo preso na Bastilla dende 1631 ata a morte do cardeal en 1643 e nese tempo escribiu as súas memorias que se publicaron en 1665 co título de Le Journal de ma vie, e que son unha fonte importante para coñecer a historia do seu tempo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: François de Bassompierre |