Fotografía de defuntos
A fotografía de defuntos foi unha práctica que, basicamente, consistía en vestir un cadáver recente coas súas roupas persoais e facelo partícipe dun último retrato grupal, cos seus compañeiros, familiares ou amigos.
Historia[editar | editar a fonte]
A fotografía de defuntos é unha práctica que nace case coa mesma fotografía (un 19 de agosto de 1839) en París, pero logo esténdese rapidamente cara a outros países. Había diferentes escenografías, como defuntos á mesma mesa cos familiares vivos, meniños na cama ou xente maior coa roupa de gala.
Esta era unha práctica moi común,[1] e en Galicia levárona a cabo fotógrafos como Virxilio Viéitez,[2] Joaquín Pintos, Francisco Zagala, Maximino Reboredo,[3] Ramón Caamaño, José Moreira, Raniero Fernández ou Pedro Brey.[4]
Na cultura[editar | editar a fonte]
Na película The Others (de Alejandro Amenábar e interpretada por Nicole Kidman), a protagonista descobre que os seus criados son fantasmas porque atopa un destes retratos de defuntos no que aparecen os tres personaxes xa mortos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Silvia R. Pontevedra (6 de marzo de 2010). "Los fotógrafos de la eternidad". El País (en castelán).
- ↑ "Virxilio Viéitez". 50 fotografías con historia.
- ↑ Luisa Segura Albert (3 de novembro de 2013). "Esa extraña costumbre de fotografiar a los muertos". RTVE.
- ↑ Eduardo Rolland (31 de decembro de 2018). "Os fotógrafos de mortos en Galicia: arte, superstición e negocio". GCiencia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- de la Cruz Lichet, Virginia (2013). El retrato y la muerte: La tradición de la fotografía post mortem en España. Temporae. ISBN 978-84-15-80114-6.