Saltar ao contido

Florentino González Vallés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFlorentino González Vallés

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Mortenovembro de 1938 Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia da Coruña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Florentino González Vallés, finado na Coruña o 26 de novembro de 1938[1], foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na Academia de Infantaría en 1903. Ingresou na Garda civil, foi tenente en Vilalba (1911), chegando a tenente coronel. En abril de 1936 foi cesado no seu destino e declarado dispoñible forzoso por asistir sen autorización ao enterro de Anastasio de los Reyes. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, o 9 de agosto, foi nomeado gobernador civil da Coruña. Despois foi Xefe da Comandancia da Garda civil de León, Lugo (abril de 1937), A Coruña (febreiro de 1938), Santander e Pontevedra.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Sánchez Abelenda en 1910 e foi pai de Lorenzo González-Vallés Sánchez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 28-11-1938, p. 2.