Fernando Castro Villar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Víctor Fernando Castro Villar 1948 Niñóns, España |
Morte | 1 de setembro de 2001 (52/53 anos) Tallo, España |
Alcalde de Ponteceso | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Víctor Fernando Castro Villar, nado en Niñóns (Ponteceso)[1] en 1948 e finado en Tallo (Ponteceso) o 1 de setembro de 2001, foi un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Presidente da Asociación de Veciños de San Blas de Tallo. Foi elixido concelleiro en Ponteceso nas eleccións municipais de 1991 como número 3 da candidatura do PSdeG-PSOE, a cal foi a máis votada e formou goberno en minoría. Trala dimisión de Ramón Saleta Neira foi elixido alcalde de Ponteceso en novembro de 1992, formando un goberno de coalición co PSG-EG. Porén, a ruptura do acordo de goberno en marzo de 1993 supuxo a presentación por parte do PPdeG e do PSG-EG en maio dunha moción de censura que fixo alcalde ó conservador José Luis Fondo Aguiar.[2] Volveu ser concelleiro tralas municipais de 1995 como número 3 da candidatura socialista, logrando maioría absoluta o PPdeG e permanecendo como concelleiro da oposición ata 1999.
Predecesor: Ramón Saleta Neira |
Alcalde de Ponteceso 1992 - 1993 |
Sucesor: José Luis Fondo Aguiar |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Estaba casado e tiña 1 filla. Faleceu dun infarto mentres paseaba en bicicleta pola parroquia de Tallo o 1 de setembro de 2001[3]