Fenoscandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Escandinavia, Países nórdicos, Europa do Norte.
Fenoscandia

Fenoscandia ou Fenoescandinavia[1] son termos xeográficos e xeolóxicos utilizados para describir a península composta polo conxunto da península Escandinava, a península de Kola, Carelia e Finlandia no norte de Europa.

Xeoloxicamente, o termo tamén alude ao escudo Báltico, que comprende Noruega, Suecia, Finlandia e parte de Rusia (óblast de Murmansk, parte da República de Carelia e o norte do óblast de San Petersburgo), que é a porción exposta da antiga placa Báltica.

O termo foi usado por primeira vez polo xeólogo finés Wilhelm Ramsay en 1898.[2] O escudo Báltico ten máis de 3 100 millóns de anos de antigüidade.

Nun sentido cultural, Fenoscandia representa historicamente o estreito contacto entre os pobos e as culturas saami, finesa, sueca e norueguesa. A diferenza da expresión «Países nórdicos», Fenoscandia non inclúe Dinamarca, Islandia, Groenlandia, os países bálticos ou outras zonas de ultramar xeograficamente desconectadas.

A xeografía de Fenoscandia caracterízase por unha gran cantidade de lagos, fiordes e unha cordilleira erosionada que corre paralela ao mar de Noruega. O nome Fenoscandia á unha mestura dos nomes Finlandia e Escandinavia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fennoscandia". Yourdictionary. Consultado o 14 de setembro de 2022. 
  2. De Geer, Sten (1928). "Das geologische Fennoskandia und das geographische Baltoskandia" (PDF). Geografiska Annaler: 119–139. Consultado o 14 de setembro de de 2022.