Federico Pérez Lago
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 Ferrol, España |
Morte | 14 de novembro de 1961 (87/88 anos) Ferrol, España |
Alcalde de Ferrol | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Federico Pérez Lago, nado en Ferrol cara a 1873 e finado na mesma cidade o 14 de novembro de 1961,[1] foi un comerciante e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comerciante en Ferrol. Concelleiro republicano de Ferrol, foi nomeado alcalde de Ferrol por Real Orde en outubro de 1913[2]. O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Concelleiro republicano e pai dun tenente de Artillaría destinado en Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol por traizón, sendo condenado a cadea perpetua.
Predecesor: Emilio Antón Iboleón |
Alcalde de Ferrol 1913 |
Sucesor: Emilio Antón Iboleón |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 18-11-1961, p. 8.
- ↑ El Correo de Galicia, 10-10-1913, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Federico Pérez Lago na páxina web Nomes e Voces.