Federico Alcoverro López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1879 Madrid, España |
Morte | 1916 (36/37 anos) Chinchón, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | José Alcoverro y Amorós (pt) |
Irmáns | Carmen Alcoverro y López (pt) e José Alcoverro y López (pt) |
Federico Alcoverro López, nado en Madrid e finado en Chinchón (Madrid) en 1916, foi un debuxante que viviu e traballou en Pontevedra nos primeiros anos do século XX.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu pai, José Alcoverro Amorós, foi un escultor premiado en exposicións internacionais celebradas en 1866 e 1881.
Federico Alcoverro veu traballar a Pontevedra en 1903, como catedrático de Debuxo no instituto da cidade. Xa no mesmo ano da súa chegada á cidade comezou a colaborar con Casto Sampedro e a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, para a que realizou a maior parte dos debuxos da serie Pontevedra Antiga. Nesta colección, a Sociedade quixo recoller as casas, pazos, igrexas, murallas etc. da cidade, moitas delas xa desaparecidas.
Na Colección Sampedro consérvanse numerosas cartas e apuntamentos cos datos e descricións dos motivos que debuxara Alcoverro, incluíndo as descricións dos veciños da cidade máis anciáns que aínda lembraban os edificios que debuxaba. O propio Sampedro achegoulle numerosa documentación ó respecto.
A colaboración coa Sociedade foi moi prolixa ata o punto de converterse no debuxante oficial desta organización, xunto a Enrique Campo Sobrino, alumno e discípulo seu. Para desgraza de Sampedro e da propia Sociedade, morreu ó pouco, en Chinchón, no verán de 1916. Enrique Campo morrera cinco anos antes.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Catálogo da exposición Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, Museo de Pontevedra 1995.