Faustino Domínguez Salgado
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Faustino Domínguez.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1905 A Coruña, España |
Morte | 1981 (75/76 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar , xinete |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | hípica |
Faustino Domínguez Salgado, nado na Coruña o 5 de maio de 1905 e finado en Madrid en abril de 1981, foi un militar e xinete galego. Competiu en dúas probas nos Xogos Olímpicos de 1956 en Melbourne.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militar de carreira comezou a practicar hípica na década de 1920.[1] Xa como tenente coronel, participou en 1956 nos Xogos Olímpicos de Melbourne, tanto na proba individual como na de equipos, facendo equipo con Joaquín Nogueras e Hernán Espinosa. Na proba individual ocupou unha das últimas posicións, mentres que na proba por equipos o conxunto español quedou de último.[2][3]
Posteriormente ascendeu ata xeneral de brigada e foi tres veces campión de España en doma clásica, nos anos 1970, 1971 e 1973.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Vara, Orestes (5 de agosto de 1949). "5 minutos de Charla con el teniente coronel Domínguez". La Voz de Galicia (en castelán). p. 3.
- ↑ "Hípica nos Xogos Olímpicos de 1956 - Proba individual". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 6 de setembro de 2021.
- ↑ "Hípica nos Xogos Olímpicos de 1956 - Proba por equipos". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 6 de setembro de 2021.
- ↑ "Campións de España de doma clásica" (PDF). Real Federación Hípica Española (en castelán). Consultado o 6 de setembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xinete no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en castelán).
- Datos do xinete en sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal (en inglés).