Fatutaka
Fatutaka | |
---|---|
Vista desde o espazo | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Illas Salomón |
Provincia | Temotu |
Arquipélago | Illas Santa Cruz |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 12°00′36″S 170°10′12″L / -12.01000, -170.17000 |
Xeografía | |
Superficie | 0,18 km² |
Longura máxima | 1 km |
Largura máxima | 0,3 km |
Punto máis alto | 122 m (Mapuanga) |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Fatutaka ou Fatu Taka é unha pequena illa de orixe volcánica das Illas Salomón, no sur do océano Pacífico, situada na provincia de Temotu. Trátase da recalada situada máis ao leste do país. Trátase do afloramento sobre o nivel do mar dun volcán extinguido, que chega a elevarse 122 metros. Ten unha superficie de 0,18 km². Dista aproximadamente 60 km da illa de Anuta, cuxos habitantes empregábana como despensa natural.
A illa foi azoutada en 2003 polo furacán Zoe, do mesmo xeito que as veciñas illas de Anuta e Tikopia.