Faro de Lobito
Coordenadas: 12°19′15″S 13°35′45″L / -12.32076944, 13.59571667
Datos xerais | |
---|---|
Localización xeográfica | Lobito |
Localización municipal | Lobito Provincia de Benguela |
Construción | 1915 |
Datos técnicos [1] | |
Altura sobre o nivel do mar | 106 metros |
Altura sobre o terreo | 15 metros |
Alcance | 20 millas náuticas |
O Faro de Lobito é un faro angolano situado na parte superior dos acantilados do lado leste da entrada do porto e baía de Lobito, fronte á punta da restinga, ao norte da cidade de mesmo nome, na provincia de Benguela.
Trátase dunha torre de cachotería cilíndrica con galería e lanterna ao lado dunha pequena casa de faroleiros. O faro está pintado de branco cunha ampla barra vermella.
A lanterna semella estar, polo menos desde 1999, encaixada nun poste branco con franxas vermellas estreitas a pouca distancia do faro primitivo que funciona con enerxía solar.
O porto de Lobito é o terminal do famoso ferrocarril de Benguela, que serve ás minas de Zambia e ao suroeste da República Democrática do Congo.
Cronoloxía[editar | editar a fonte]
- 1915: Construción.
- 1995: O faro resultou moi danado debido ao período de guerra civil.
- 1999: O faro xa non ten lanterna, estando a luz nun poste a pouca distancia do faro primitivo.
- 2004 / 2007: O faro foi restaurado.[2]
- 2007: O faro é xestionado a través dunha concesión que garante a súa conservación, sendo empregado como casa de fin de semana.[3]
Información[editar | editar a fonte]
- Operacional: Axuda de navegación activa
- Acceso: en 4x4 a uns 14 Km do centro de Lobito
- Aberto ao público: Local aberto, torre pechada
- Nº internacional D-5280;
- Nº NGA: 25640 [4]
- Nº ARLHS: ANO-008 [5]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ http://wlol.arlhs.com/lighthouse/ANO008.html
- ↑ "Lighthouses of Angola". 11 de Novembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2019.
- ↑ "Coisas Boas". 15 de Abril de 2007.
- ↑ "Angola". 20 de Setembro de 2008.[Ligazón morta]
- ↑ "Angola". 19 de Abril de 2009.