Fátima Monteagudo Pereira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) Cuntis, España |
Alcaldesa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Fátima Monteagudo Pereira, nada en Troáns (Cuntis) en 1978, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Empresariais. Nas eleccións municipais de 2003 foi a número dous da candidatura do PSdeG-PSOE en Cuntis, a cal logrou a maioría absoluta, e foi designada Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Facenda. Foi elixida alcaldesa de Cuntis o 8 de xullo de 2005 logo da dimisión de Eduardo Rey Rodríguez. Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG e foi elixida alcaldesa grazas a un pacto co BNG. En agosto de 2010 rompeuse o pacto cos nacionalistas e pasou a gobernar en minoría[1]. Nas municipais de 2011 volveu ser cabeza de lista do PSdeG pero ao non haber acordo co BNG foi elixido alcalde o candidato da lista máis votada, Antonio Pena Abal (PPdeG)[2]. En xaneiro de 2014 presentou a súa renuncia como concelleira e foi substituída á fronte do PSdeG-PSOE local por Manuel Campos Velay[3].
Predecesor: Eduardo Rey Rodríguez |
Alcaldesa de Cuntis 2005 - 2011 |
Sucesor: Antonio Pena Abal |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Entrevista Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. en Galicia Hoxe