Eusebio da Guarda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1825 A Coruña, España |
Morte | 20 de marzo de 1897 (71/72 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , filántropo |
Lingua | Lingua castelá |
Eusebio da Guarda González, nado na Coruña en 1825 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1897, foi un empresario e filántropo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun zapateiro portugués chamado Gonzalo da Guarda e dunha coruñesa chamada Lorenza González, formouse como piloto e ingresou na mariña mercante. Traballou co armador de orixe cubana Juan Menéndez Fuertes[1] e acadou para A Coruña a representación dos vapores de Antonio López e da Compañía Transatlántica Española.
Menéndez finou en 1852 e dous anos despois da Guarda casou coa súa viúva, Modesta Goicouría Cabrera, once anos máis vella ca el.[1] Xunto con ela reuniu unha gran fortuna que empregou na construción de grandes edificios. Construíu o Instituto de Segunda Ensinanza, as Escolas da Guarda e o mercado da praza de Lugo. Realizou a reconstrución da igrexa de Santo André, propiedade do gremio de mareantes (cos que mantivo un preito de nove anos) coa condición de que el e a súa dona fosen enterrados nela.[2] A igrexa é unha capela castrense dende 1937.[2]
Galería[editar | editar a fonte]
-
Monumento a Eusebio da Guarda na praza de Pontevedra, A Coruña.
-
CEIP Eusebio da Guarda na praza de Pontevedra, A Coruña.
-
IES Eusebio da Guarda.
-
Estatua de inspiración exipcia no IES Eusebio da Guarda
-
Igrexa de Santo André.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Eusebio da Guarda, el benefactor de la ciudad". El Ideal Gallego (en castelán). 17 de maio de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "De capilla para pescadores a templo de los militares". La Voz de Galicia. 29 de novembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 6 de decembro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eusebio da Guarda |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 187.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.