Estevo VIII, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nome orixinal | (la) Stephanus VIII |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século X Roma |
Morte | outubro de 942 Roma |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
127º Papa | |
19 de xullo de 939 – outubro de 942 ← León VII – Mariño II → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico |
Influencias |
Estevo VIII (IX), datos de nacemento descoñecidos, faleceu en outubro de 942, foi o papa nº 127 da Igrexa católica dende o ano 939 ata 942.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nalgunhas cronoloxías e listas este papa aparece como Estevo IX, a diferenza débese a que algúns autores toman en conta a elección de Estevo, papa electo, que só reinou tres días, do 23 ao 26 de marzo de 752, trala morte do papa Zacarías.
Foi elixido papa, do mesmo xeito que o seu predecesor, por disposición do príncipe e senador romano Alberico II quen, do mesmo xeito que a súa nai Marozia, someteu durante décadas aos papas elixidos baixo o seu mandato.
Durante o seu pontificado, en 940, interveu no enfrontamento que en Francia tiña lugar entre o conde Hugo de París e o rei Lois IV de Ultramar, póndose ao lado deste e ameazando con excomungar aos franceses e borgoñóns que non lle prestasen obediencia.
Segundo certas fontes pouco fiábeis sería obxecto dunha conspiración, no curso da cal lle cortaron o nariz.
Faleceu en outubro de 942.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |