Esteiro de Redondela
Coordenadas: 42°17′15″N 8°36′59″O / 42.287619918731, -8.6162807857062
O esteiro de Redondela é un pequeno esteiro situado no concello pontevedrés de Redondela. Está formado pola desembocadura dos ríos Alvedosa e Pexegueiro, que finalmente tributan á enseada de San Simón, na ría de Vigo. Está delimitado pola Punta da Portela no suroeste e a Punta da Canteira no noroeste.[1] O esteiro é unha área de importante marisqueo, xa que os ríos que nel desembocan arrastran unha gran cantidade de sedimentos de gran fino que dan lugar a unha chaira intermareal e áreas de marisma na súa beira.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Esteiro de Redondela". Plan de Ordeación do Litoral. Consultado o 21 de abril de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Geocaching: estuario de Redondela. Información do esteiro de Redondela en Geocaching. (en castelán)