Estación de Neda
Coordenadas: 43°29′43″N 8°09′40″O / 43.4954, -8.161
Neda | |
---|---|
Estación de Neda | |
Situación | Neda |
Liñas | |
Media distancia | MD |
Neda é unha estación de Adif situada na vila de Neda, na provincia da Coruña. Ten paradas comerciais de Media distancia operadas por Renfe.
Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]
A estación atópase no punto quilométrico 36,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 8 metros de altitude,[1] entre o apeadoiro de Perlío e a estación de Ferrol. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia[editar | editar a fonte]
A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
Por outra banda, o 28 de agosto de 1924 inaugurouse a liña de vía métrica de tranvías de Ferrol que unía a cidade de Ferrol con Neda. Esta liña tiña unha lonxitude de 37,5 km e foi clausurada o 3 de xullo de 1961.
A estación[editar | editar a fonte]
O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos, actualmente sen servizos ferroviarios como despachos de billetes ou aseos. Atópase no sur da vila, xunto á ría de Ferrol. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.
Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]
Media distancia[editar | editar a fonte]
Actualizado a 20 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
5 | MD | A Coruña | <> | Ferrol |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ Obras da liña Betanzos - Ferrol Arquivado 09/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia
- ↑ Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Información sobre saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine.