Era tempo de apandar
Era tempo de apandar | |
---|---|
Autor/a | Ramón de Valenzuela |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Tema(s) | Guerra civil española |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Akal |
Data de pub. | 1980 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Era tempo de apandar é a segunda novela que publicou Ramón de Valenzuela en 1980. Apareceu na Colección Arealonga. Nela continua co ton autobiográfico que xa introduciu en Non agardei por ninguén e pode lerse como unha continuación desta.
Argumento[editar | editar a fonte]
Tras a guerra civil, o seu protagonista, un militante galeguista, exíliase en Francia e durante a segunda guerra mundial a Gestapo devólveo ás autoridades da España franquista.