Eparquía católica maronita de Buenos Aires
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 43.432.376 (15,62 hab./km²) | |||
Lingua usada | Lingua siríaca | |||
Relixión | catolicismo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 2.780.403 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1990 | |||
A eparquía de San Sarbelio de Buenos Aires (en latín: Eparchia Sancti Sarbelii Bonaërensis Maronitarum) é unha sé da Igrexa católica maronita sufragánea da arquidiocese católica latina de Buenos Aires. En 2009 tiña arredor de 700.000 bautizados. Actualmente está dirixida polo bispo Juan Habib Chamieh.
Territorio[editar | editar a fonte]
A eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis maronitas da Arxentina.[1] A sé eparquial é a cidade de Buenos Aires, onde está situada a catedral de San Marón.
O territorio está estruturado en 4 parroquias.
Historia[editar | editar a fonte]
A eparquía foi erixida o 5 de outubro de 1990.
Episcopoloxio[editar | editar a fonte]
- Xarbil Xurx Miri (5 de outubro de 1990 - 17 de abril de 2013, retirado)
- Administrador apostólico: Juan Habib Chamieh (17 de abril de 2013 - 22 de novembro de 2019)
- Juan Habib Chamieh (22 de novembro de 2019 - actualidade)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Asade, Daniel (2011). El Líbano en Buenos Aires. Gob Ciudad de Buenos Aires. p. 63. ISBN 9789872552725.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web oficial Arquivado 03 de abril de 2022 en Wayback Machine. (en castelán)
- Perfil en Catholic-Hierarchy.org (en inglés)
- Perfil en GCatholic.org (en inglés)