Enrique Díaz Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 Cundíns, España |
Morte | 4 de outubro de 2019 (58/59 anos) |
Alcalde de Cabana de Bergantiños | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , taxista |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Enrique Díaz Varela, nado en Cundíns (Cabana de Bergantiños) en 1960 e finado o 4 de outubro de 2019, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Taxista. Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro en Cabana de Bergantiños pola CPG que encabezaba o alcalde Manuel Fariña Suárez, o cal logrou unha ampla maioría absoluta de 10 concelleiros de 13. Nas municipais de 1991 o grupo de goberno presentouse polo PSdeG-PSOE e revalidou a vitoria con 9 concelleiros. Nas municipais de 1995 o PPdeG arrebátalles a alcaldía ó lograr maioría absoluta, porén, en 1999 os populares perden esa maioría, e Fariña e o PSdeG recuperan o goberno da man dun pacto co BNG.
Tralo falecemento de Fariña en xuño de 2000, foi elixido como novo alcalde e continuou o goberno de coalición co BNG. Nas municipais de 2003 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que recuperou a maioría absoluta. Volveu ser candidato socialista en 2007, 2011 e 2015 sen conseguir recuperalo goberno, se ben na última ocasión consigueu recortar distancias cos populares. Foi asesor dos socialistas na Deputación da Coruña[1]. Retirouse da primeira liña política en 2019, falelcendo ós poucos meses, o 4 de outubro.
Predecesor: Manuel Fariña Suárez |
Alcalde de Cabana de Bergantiños 2000 - 2003 |
Sucesor: José Muíño Domínguez |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Entrevista en La Voz de Galicia Carballo, 4-5-2011 p.9