Enrique Cabaleiro González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Tui, España |
Alcalde de Tui | |
2019 – ← Carlos Vázquez Padín | |
Alcalde de Tui | |
2015 – 2017 ← Moisés Rodríguez Pérez – Carlos Vázquez Padín → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Enrique Cabaleiro González, nado en Tui, é un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito. É funcionario de prisións.
Foi concelleiro de medio ambiente en Salceda de Caselas polo PSdeG de 2007 a 2011.[1] Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura socialista en Tui e logrou 2 concelleiros. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Tui, logrou 3 concelleiros e foi elixido alcalde co apoio de Alternativa Tudense, Son de Tui, BNG, Converxencia 21 e Alternativa Popular de Tui.[2][3] En outubro de 2017 foi desaloxado da alcaldía por Carlos Vázquez Padín (C 21) logo dunha moción de censura, cos votos do PP, Alternativa Popular de Tui e Cidadáns Tudenses.[4] Nas eleccións municipais de 2019 recuperou a alcaldía ó quedarse o PSdeG a tan só 1 voto de conseguila maioría absoluta, a cal incluso nun principio se lle outorgou.[5][6] Nas eleccións municipais de 2023, renovou a alcaldía ao conseguir 6 concelleiros e contar co apoio do BNG.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ V., R. (20 de marzo de 2023). "Candidato por el PSdeG-PSOE a la alcaldía deTui". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ Redacción (14 de xuño de 2015). "El socialista Enrique Cabaleiro, alcalde de la historia de Tui con más votos de otros grupos". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ Redacción (14 de xuño de 2015). "ENRIQUE CABALEIRO TOMA POSESIÓN COMA ALCALDE DE TUI". infominho.com (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ Redacción (17 de outubro de 2017). "Vázquez Padín é o novo alcalde de Tui despois de que prosperara a moción de censura". crtvg.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2017. Consultado o 18 de outubro de 2017.
- ↑ Bernárdez, Judit (30 de maio de 2019). "El PSOE de Tui pierde la mayoría absoluta por un voto validado al PP que el domingo se contabilizó nulo". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ Carrera, Rosa (2019-06-16). "Cabaleiro regresa a la Alcaldía de Tui 19 meses después". atlantico.net (en castelán) (publicado o 17 de xuño de 2019). Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ Varela, Marci (9 de xuño de 2023). "El BNG garantiza que Enrique Cabaleiro siga como alcalde de Tui". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023.