Enrique Alonso Teijeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ferrol, España |
Morte | 18 de decembro de 1936 Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Enrique Alonso Teijeiro, nado en Ferrol e finado no mesmo concello o 18 de decembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo as prácticas de Maxisterio na Escola de nenos de Cedeira en 1930.[1] Mestre da Graduada de Cedeira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes políticos e sindicais de Cedeira. Xulgado en consello de guerra en Ferrol por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado no Castelo de San Felipe o 18 de decembro canda Manuel Fernández Freijeiro, José Cipriano Durán Fraguela, Ginés Fernández Rodríguez, Miguel Fernández Santos, Antonio Castillo Domínguez, Rufino Redondo Senra, Isaac Forneiro Varandela, Antonio Iglesias Freire, Enrique Martínez Teijeiro, Francisco Rodríguez N., José Lago Beceiro, Adolfo Bouzón Teijeiro e Antonio Ameneiro Brage.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Correo Gallego , 9-5-1930, p. 1.
- ↑ El Compostelano, 19-12-1936, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Enrique Alonso Teijeiro na páxina web Nomes e Voces.