Enric Rabassa
Rabassa | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Josep Enric Rabassa Llompart | ||
Nacemento | 19 de abril de 1920 | ||
Lugar de nacemento | Barcelona | ||
Falecemento | 29 de decembro de 1980 | ||
Lugar de falecemento | Barcelona | ||
Adestrador | |||
Anos | Equipos | ||
1960–1961 | Condal | ||
1961–1962 | Tenerife | ||
1962 | Deportivo da Coruña | ||
1963–1964 | L'Hospitalet | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Josep Enric Rabassa Llompart, nado en Barcelona o 19 de abril de 1920 e finado o 29 de decembro de 1980, foi un adestrador de fútbol español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1960 adestrou o FC Barcelona nas eliminatorias que disputou en Copa do Xeneralísmo e Copa de Feiras cando era adestrador do CD Condal. O técnico principal do club catalán era Helenio Herrera.
Na tempada 1961–62 fíxose cargo do CD Tenerife na xornada 20, sendo o terceiro adestrador do equipo esa campaña e sen conseguir evitar o descenso como último clasificado.
Na tempada 1962–63 foi contratado polo Deportivo da Coruña, mais foi destituído na xornada 10 tras obter 6 derrotas, 3 vitorias e 1 empate, sendo substituído por Rodrigo García Vizoso.
Na campaña 1963–64 adestrou o CE L'Hospitalet, en Segunda División.